publicidade hoxe

A Xunta avoga por reforzar a dixitalización e as competencias tecnolóxicas para mellorar a inserción laboral a través das lanzadeiras de emprego

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada dereita
A-
A+

A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, participou esta mañá no webinario das Lanzadeiras de Emprego, unha iniciativa das fundacións Santa María La Real e Telefónica coa colaboración da Consellería de Economía, Emprego e Industria e o cofinanciamento do Fondo Social Europeo.

A secretaria xeral avogou por impulsar a dixitalización e as competencias tecnolóxicas para contribuír á reactivación do emprego ante o novo horizonte económico, proporcionando as ferramentas axeitadas para proporcionar maiores oportunidades para a empregabilidade, axustando estas ás demandas do tecido empresarial.

Toca agradeceu o esforzo realizado tanto polos participantes como pola organización á hora de poñer en marcha esta edición e adaptala apropiadamente a un formato virtual. Neste sentido, sinalou a necesidade de que as diferentes administracións e institucións aposten pola transformación dixital e a formación en novas tecnoloxías co obxectivo de crear emprego estable e de calidade.

O programa, que se desenvolve na Coruña, Arteixo e Santiago de Compostela, conta con 60 participantes (46 mulleres e 14 homes) en situación de desemprego e con diversos niveis formativos. O alumnado recibe un plan de prospección baseado na aprendizaxe das novas tecnoloxías e orientado a enfrontar os mercados laborais, singularizando as ferramentas principais na procura de emprego (redes sociais, mapas de empregabilidade, etc).

Durante a súa realización, os participantes poderán contactar con empresas para acelerar a súa inserción laboral. O programa consta de dúas edicións, coa actual tendo comezado en marzo e rematando en setembro, e coa seguinte iniciándose en outubro. Se ben se imparte de xeito virtual, o obxectivo é retomar o formato presencial ao longo do verán, adaptando as instalacións aos requirimentos dos protocolos sanitarios.

As Lanzadeiras de Emprego forma parte dos programas activados pola Xunta para ofrecer unha orientación laboral destinada a responder aos retos da era dixital, que se completan coa iniciativa Alfabetización dixital, que afonda máis na mellora das competencias dixitais básicas desde un punto de vista máis individualizado.

23 de xuño de 2020 | 13:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.