publicidade hoxe

Xunta e sector acordan incrementar o aforo dos establecementos hostaleiros ao 50% a partir da vindeira semana

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada esquerda
A-
A+

A Xunta e representantes do sector acordaron incrementar o aforo dos establecementos hostaleiros ao 50% a partir da próxima semana. A decisión, que xa foi avanzada o pasado domingo polo presidente do Goberno galego, abordouse hoxe nun encontro entre representantes sectoriais e o conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez. A intención é que se aprobe esta fin de semana na próxima xuntanza do Centro de Coordinación Operativa (Cecop) co obxectivo de que os bares, cafeterías ou restaurantes poidan aplicalo a partir do próximo luns 1 de xuño.

O acordo chega despois de que nas últimas instrucións publicadas no Boletín Oficial del Estado (BOE) para os territorios na fase 2 da desescalada, o Goberno central autorizase ás distintas Comunidades a ampliar o aforo máximo no interior dos establecementos de restauración, pasando do 40% ao 50%.

Na xuntanza participaron ademais a directora da Axencia Turismo de Galicia, Nava Castro, así como representantes do Clúster Turismo de Galicia, da Asociación Provincial de Hostelería de A Coruña, da Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería y Turismo de Lugo, da Federacion de Hosteleria de Ourense, da Federación Provincial de Hostelería de Pontevedra, da Asociación Hostelería Compostela, da Asociación de Empresarios del Camino de Santiago a Finisterre y Muxía e do Consorcio de Empresarios Turísticos de Sanxenxo.

Durante o encontro, realizouse ademais un seguimento do proceso de apertura e analizáronse as expectativas de cara a temporada estival. Segundo os representantes do sector, coa entrada de Galicia na fase 2 da desescalada retomaron a súa actividade preto do 50% dos establecementos de restauración e agárdase que nos próximos días se vaian incorporando novos negocios. No que respecta ás previsións nos negocios de aloxamento para o verán, constátase que neste momento a cifra de reservas supera xa a de cancelacións.

26 de maio de 2020 | 16:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.