publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Profesionais do Comité de xestión de crise sanitaria consideran que os test enviados polo Ministerio non teñen utilidade clínica

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada esquerda
A-
A+
Doutor José Manuel Vázquez Lima

Doutor José Manuel Vázquez Lima

Os profesionais que forman parte da Comisión de xestión da crise sanitaria COVID-19 concluíron na reunión que mantiveron onte que os 57.760 test rápidos enviados onte polo Ministerio non teñen utilidade clínica para poder facer un cribado en residencias e profesionais sanitarios. Neste sentido, o doutor José M. Vázquez Lima, membro do comité de crise, explica que “non son útiles desde o punto de vista clínico”, porque non permiten distinguir se se trata dunha fase aguda, e polo tanto se pode haber contaxio, ou se xa se está nunha fase de curación.

Vázquez Lima explica que esta eiva detectada polos profesionais do comité faría necesaria realizar unha proba complementaria de PCR aos test enviados polo Ministerio para facer un cribado en residencias e a profesionais sanitarios.

Neste sentido, explica que os test do Ministerio só detectan se se producen anticorpos pero, nesa análise global, non permiten saber se se trata dunha fase aguda do COVID-19 ou se aínda permanecen en sangue porque xa hai curación.

Por outra banda, aclarou que agora está avaliando a posibilidade de destinar estes test á realización dun estudo epidemiolóxico para obter información sobre a exposición da poboación ao virus.

7 de abril de 2020 | 21:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.