publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O 061 de Galicia asistiu a sete persoas por seis accidentes de circulación na fin de semana

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada dereitaSucesos
A-
A+

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana a sete persoas debido a seis accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende desde as 15,00 horas do venres, 17 de abril, ata as 23,59 horas do domingo, 19 de abril. Todos os días, venres, sábado e domingo, rexistráronse dous sinistros de tráfico.

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en Galicia, recibiu nestes días seis chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron seis asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atendeu un total de sete persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 43% e do 57% respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase que o 43% dos atendidos tiña entre 40 e 49 anos.

Por provincias, A Coruña rexistrou tres accidentes de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

A Coruña: 3
Lugo: 0
Ourense: 1
Pontevedra: 2
Total Galicia: 6

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron sete. Así, a ambulancia asistencial de soporte vital avanzado asistiu nun accidente de tráfico, o helicóptero medicalizado atendeu nun sinistro de tráfico e as ambulancias asistenciais de soporte vital básico mobilizáronse en cinco sinistros.

Nos sete casos, os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes.

20 de abril de 2020 | 13:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.