publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O 061 de Galicia asistiu a 14 persoas por 13 accidentes de circulación durante a fin de semana

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada dereitaSucesos
A-
A+

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana a 14 persoas debido a 13 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende desde as 15,00 horas do venres, 24 de abril, ata as 23,59 horas do domingo, 26 de abril. O día que rexistrou máis incidentes foi o sábado con cinco sinistros de tráfico.

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en Galicia, recibiu nestes días 13 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 13 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atendeu un total de 14 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 71% e do 29% respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase que o 36% dos atendidos tiña entre 35 e 44 anos.

Por provincias, A Coruña e Pontevedra rexistraron seis accidentes de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

A Coruña: 6
Lugo: 1
Ourense: 0
Pontevedra: 6
Total Galicia: 13

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 13. Así, a ambulancia asistencial de soporte vital avanzado asistiu nun accidente de tráfico e as ambulancias asistenciais de soporte vital básico mobilizáronse en 12 sinistros.

Nos 14 casos, os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes.

27 de abril de 2020 | 12:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.