publicidade hoxe

Máis de 1.700 pacientes de Covid19 están sendo telemonitorizadas nas súas casas polo Servizo Galego de Saúde

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada esquerda
A-
A+

A plataforma de teleasistencia TELEA, do Servizo Galego de Saúde, permite facer seguimento sanitario dun total de 1.700 pacientes que resultaron positivos por coronavirus e que permanecen no seu domicilio. Desta forma, son telemonitorizados polos profesionais sanitarios quen teñen información directa en todo momento dos posibles cambios na evolución da súa enfermidade. O perfil destes pacientes é de persoas con resultados positivos por COVI-19 con sintomatoloxía leve ou dados de alta hospitalaria.

Os 1.700 pacientes positivos por Covid-19 en seguimento a través de TELEA representan o 47,3% do total de persoas infectadas que están no domicilio. Dende o inicio da telemonitorización déronse 287 altas a persoas seguidas por este novo modelo asistencial.

O 77,4% das persoas infectadas por Covid-19 en Galicia, encóntranse en seguimento domiciliario. Ao igual que no resto das Comunidades, estes pacientes deben de permanecer illados sen embargo pero en permanente cotacto cos profesionais sanitarios.

Seguimento domiciliario

A telemonitorización a través de TELEA permite a intercomunicación entre os profesionais sanitarios e a persoa que se encontra illada no domicilio. Así, os pacientes controlados con este perfil de TELEA Paciente en illamento domiciliario COVID-19, teñen acceso a mensaxería co sanitario responsable do seguimento do protocolo, tras a cal o profesional sanitario pode respostar por mensaxe ou poñerse en contacto telefónico en calquera momento que detecten unha alteración clínica ou necesidade de cambios nos seu coidados.

Así, cada 8 horas a persoa debe rexistrar as variables de temperatura e saturación de osíxeno, así como unha enquisa da funcionalidade respiratoria e que permite avaliar o estado de saúde da persoa.

Nunha primeira fase o seguimento dos pacientes illados contaxiados co COVID-19, iniciouse cun equipo sanitario ubicado no hospital formado por un equipo de profesioanis de enfermería e medicina hospitalaria. Actualmente tamén se realiza por parte dos equipos de atención primaria co apoio dos especialistas hospitalarios.

Dende cada hospital ou dende Atención Primaria, estase a avaliar de forma continua as variables clínicas e as mensaxes ou chamadas telefónicas que lles envían os pacientes. Esta información que é enviada polos pacientes illados é revisada polos profesionais sanitarios que están a facer o seu seguimento clínico, xa que esta intégrase cos sistemas de información corporativos na historia clínica electrónica (IANUS). O único requisito necesario para acceder a esta modalidade de seguimento é que o paciente ou o seu coidador teñan capacitación tecnolóxica, e dispoñan dun teléfono móbil, tablet ou ordenador persoal. En caso contrario o seguimento farase por outras vía como a telefónica.

5 de abril de 2020 | 12:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.