publicidade hoxe

Galicia demanda unha maior participación das comunidades autónomas nas decisións de política universitaria

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada esquerda
A-
A+

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, participou hoxe na Conferencia General de Política Universitaria, onde demandou unha maior participación das Comunidades Autónomas nas decisións do Goberno central que afectan ao desenvolvemento académico no eido universitario. Á demanda sumáronse diversos representantes autonómicos despois de coñecerse que houbo encontros do Ministerio con outros organismos sen que se informase ás comunidades como entidades competentes en materia universitaria.

Na xuntanza, presidida polo ministro de Universidades, Manuel Castells, a conselleira insistiu na relevancia de respectar as competencias das CCAA, nun marco de lealdade e institucionalidade, indispensable para traballar “en aspectos tan importantes como as competencias, os contidos ou as prácticas das titulacións”.

Carmen Pomar ofreceu a colaboración leal de Galicia e consenso, sempre que se faga unha análise realista e exhaustiva da situación. Así, demandou que se poña o foco de atención nas semanas que restan de curso e traballar para que o alumnado poida completalo con todas as garantías. “Ninguén pode perder o curso pola situación que estamos a vivir”, engadiu.

Para a conselleira, cómpre transmitirlle á comunidade universitaria unha mensaxe de tranquilidade, xa que o curso académico continúa e se vai completar. Nesta liña, indicou que a Consellería está en permanente contacto coas tres universidades galegas para asegurar unha formación a distancia de calidade mentres non haxa clases presenciais.

Avaliación e prácticas
Pomar incidiu tamén na necesidade de buscar fórmulas de avaliación e puxo sobre a mesa a posibilidade de barallar novas datas para a realización de exames presenciais, como xa se fixo coas probas de acceso á universidade, aprazadas ao mes de xullo co consenso xeral do Goberno central e as CCAA.

Canto á realización das prácticas, Carmen Pomar, no que se referiu ao papel fundamental das axencias de calidade, que, segundo apuntou, deben ser escoitadas antes de tomar decisións, neste marco de colaboración institucional.

Ao remate da xuntanza, Manuel Castells anunciou unha nova convocatoria despois de Semana Santa para avanzar na coordinación no eido universitario.

2 de abril de 2020 | 19:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.