publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Policía Autonómica denuncia a 16 persoas por furtivismo en varios concellos da costa coruñesa

A Policía Autonómica denunciou a 16 persoas por un presunto delito de furtivismo e tamén por infrinxir o vixente Real Decreto do Estado de Alarma no último mes, en concreto, entre o 16 de marzo e o pasado venres, 17 de abril.

Axentes do Grupo de Resposta Policial (Erpol) da Policía Autonómica denunciaron durante este período a 16 persoas que estaban a extraer marisco de forma ilegal en varios concellos da costa coruñesa e rexistraron 4 vehículos. Ademais, a catro das persoas investigadas tramitáronselle dilixencias como presuntos autores de delitos contra a flora e a fauna.

As identificacións leváronse a cabo no marco de distintos operativos en zonas turísticas da nosa comunidade co obxectivo de evitar a mobilidade dos cidadáns a segundas residencias e garantir o cumprimento das restricións decretadas no Estado de Alarma.

Estes dispositivos realizáronse en municipios costeiros da provincia da Coruña como Rianxo, Boiro, A Pobra do Caramiñal, Ribeira, Porto do Son, Noia, Mugardos, Ares, Ferrol e A Coruña.

20 de abril de 2020 | 13:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.