publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Educación presenta aos sindicatos a proposta de prazas para catedráticos da oferta pública de emprego docente de 2020

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada dereita
A-
A+

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional presentoulles hoxe na mesa sectorial do ensino non universitario ás organizacións sindicais a proposta de prazas de catedráticos da oferta pública de emprego (OPE) de 2020, un total de 1.300. Cómpre lembrar que as especialidades do resto das prazas, ata as 3.654 prazas que se convocarán en total, abordáronse na mesa sectorial desenvolvida o pasado mes de febreiro.

En total presentouse unha oferta de 40 especialidades para o acceso ao corpo de catedráticos de Ensino Secundario, de 7 especialidades no corpo de catedráticos de Escolas Oficiais de Idiomas e de 13 do de Artes Plásticas e Deseño. A convocatoria publicarase no Diario Oficial de Galicia nas vindeiras semanas.

Por corpos e especialidades, o número de prazas propostas hoxe aos sindicatos na mesa sectorial distribúese do seguinte xeito:

Catedráticos de Ensino Secundario: 1.232 prazas

Catedráticos de Escolas Oficias de Idiomas: 50 prazas

Catedráticos de Artes Plásticas e Deseño: 18 prazas

10 de marzo de 2020 | 16:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.