publicidade hoxe

A Xunta modificará os servizos mínimos na Administración de Xustiza cunha nova redución do persoal que atende de forma presencial

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada dereita
A-
A+

O director xeral de Xustiza, Juan José Martín, informou hoxe de que a Xunta publicará unha modificacion da orde publicada o pasado martes sobre os servizos esenciais nos xulgados e tribunais galegos debido á evolución do COVID-19. A nova resolucion recollerá unha maior redución no número de funcionarios da Administración de Xustiza que deberán atender os servizos mínimos de forma presencial dacordo ás directrices do Ministerio de Justicia.

Así se acordou hoxe nunha nova reunión por videoconferencia da Comisión de Seguimento da crisis sanitaria do coronavirus do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG). Neste encontro, Juan José Martín explicou que, co obxectivo de garantir as actuacións urxentes á cidadanía neste ámbito, continuarase a contar con persoal de forma presencial nos xulgados de garda da nosa comunidade, así como nas Fiscalías de Menores, nos tribunais exclusivos de Violencia sobre a Muller e nos rexistros civís, incluídos os que corresponden nos xulgados de paz. Ademais, haberá un funcionario no servizo de rexistro e reparto naqueles órganos xudiciais sen xulgado de garda.

Os xulgados de Violencia sobre a Muller seguen tamén a funcionar ao estar considerados como servizos esenciais e prestando atención ás vítimas de violencia de xénero de forma habitual.

Por outra parte, nos asuntos considerados esenciais, os xulgados se o precisan poden requerir o servizo de funcionarios da Administración de Xustiza, pois todos deben estar dispoñibles e localizables para estes casos.

Na reunión de hoxe, o director xeral de Xustiza tamén informou de que todos os xulgados galegos xa dispoñan de material de protección. A Xunta levou a cabo na última semana o reparto de 700 máscaras destinadas ao persoal das gardas, servizos comúns de notificacións e mebargos, xulgados de paz, servizos de atención á vítimas e rexistros civís. Ademais, tódolos servizos con atención ao público nos xulgados contan con guantes e xel hidroalcohólico.

Na comisión de seguimento de hoxe púxose de manifesto ademais que o Goberno galego e o TSXG teñen contabilizados polo momento sete casos positivos de COVID-19 entre os profesionais de Xustiza en Galicia. Algúns deles xa foron dados de alta e en todos os casos se procedeu á desinfección dos xulgados nos que prestaban servizo.

31 de marzo de 2020 | 20:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.