publicidade hoxe

O tempo medio de espera cirúrxica do Sergas no ano 2019 foi de 54,5 días, a mellor cifra desde que hai rexistros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada esquerda
A-
A+

O responsable do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe, na rolda de prensa do Consello, os primeiros datos de lista de espera relativos ao pasado ano que se publicarán mañá e que reflicten que o tempo medio de espera cirúrxica do Sergas no 2019 foi de 54,5 días.

Son, dixo, máis de 7 días menos que en decembro do ano anterior, sendo esta a mellor cifra desde que hai rexistros. Esta é unha tendencia de redución que xa se vén manifestando nos últimos anos e que sitúa a Galicia entre as catro comunidades con menos demora.

En concreto, Feijóo destacou que os indicadores melloran, baixa considerablemente o tempo medio de espera nas primeiras consultas por enfermidade no hospital, nas probas diagnósticas e na área cirúrxica.

En definitiva, subliñou, este primeiro avance sitúa a Galicia como unha das comunidades con mellores indicadores do Sistema Nacional de Saúde. Momento no que tamén aproveitou para expresar o seu agradecemento e recoñecemento a todos os profesionais da Sanidade Pública.

16 de xaneiro de 2020 | 17:12 • Sen comentarios

Comentarios pechados.