publicidade hoxe

O DOG publica a cesión de 38 predios en masas comúns da parcelaria de Ánxeles-Calvente-Pasarelos-Marzoá II ao Concello de Oroso

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaOrosoPortada dereita
A-
A+

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución da Consellería do Medio Rural pola que se cede ao concello de Oroso a titularidade de 38 predios do Fondo de Terras da zona de concentración parcelaria de Ánxeles-Calvente-Pasarelos-Marzoá II para usos de interese xeral.

Estes predios -que no citado proceso de concentración parcelaria se integraban na relación de predios do Fondo de Terras-, coa cesión pasan a formar parte das adxudicacións do concello, despois de que este solicitara a súa cesión para diversos fins de interese xeral, ao amparo do disposto polo artigo 32 da Lei 10/1985, do 14 de agosto, de concentración parcelaria para Galicia.

Cando un proceso de reorganización do territorio aínda non está rematado, os gobernos locais poden solicitar a cesión da titularidade de fincas deste fondo -tamén chamado masa común- para equipamentos colectivos ou fins de interese xeral. Neste caso, os predios serán empregados para actuacións de conservación e aproveitamento de varias infraestruturas (muíños, fontes, escola unitaria etc), para a ampliación da área recreativa de Ponte Arderís e do río Maruzo, mellorar o servizo dao cemiterio municipal e o aparcadoiro da igrexa, entre outras actuacións.

O proceso de concentración parcelaria da zona de Ánxeles – Calvente – Pasarelos – Marzoá II atópase actualmente en fase de acordo. Trátase dunha zona de reestruturación do territorio que afecta unha superficie de 1383 hectáreas, repartidas en 1486 predios propiedade de 885 veciños.

20 de xaneiro de 2020 | 16:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.