publicidade hoxe

A Xunta solicita una xuntanza con Renfe para abordar as incidencias nos servizos ferroviarios na comunidade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada dereita
A-
A+

A Xunta de Galicia solicitou unha reunión con Renfe para abordar as incidencias na prestación dos servizos ferroviarios en Galicia. O director xeral de Mobilidade, Ignacio Maestro, manterá unha xuntanza co responsable de Renfe en Galicia, Javier Pérez, na que lle trasladará a preocupación da Administración autonómica pola situación de sucesivos problemas que se está a vivir nos servizos, relacionados tanto co material rodante como coa infraestrutura.

A Xunta mantén como asunto prioritario a defensa dos servizos ferroviarios que se prestan en Galicia e realiza un seguimento continuo tanto das incidencias, como das obras, os cambios de horarios ou das solicitudes de viaxeiros.

Por iso, considera necesario celebrar unha xuntanza para abordar as causas destas incidencias, os protocolos de actuación previstos para solventar as mesmas, así como os plans que ten Renfe para evitalos e diminuír a súa frecuencia.

Na reunión proposta, a Xunta tamén expresará a necesidade de coñecer os plans definitivos do operador sobre os servizos de venda de billetes, unha vez comunicada a decisión de mantelos de forma presencial como unha medida “provisional”.

A Xunta considera que eliminar esa atención presencial aos viaxeiros supón ir contra os principios de mantemento de servizos de calidade e proximidade aos cidadáns no rural.

16 de xaneiro de 2020 | 17:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.