publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Xunta destina un investimento de 400.000 euros á formación dos profesionais do sector do transporte por estrada

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada dereita
A-
A+

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade destina este ano un investimento de 400.000 euros á formación dos profesionais do sector do transporte por estrada.

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe esta convocatoria. Esta orde fixa as bases polas que se rexerá o outorgamento destes incentivos, que van dirixidos ás entidades que se integran no Comité Galego de Transportes por Estrada.

As entidades deberán presentar un plan formativo que abranguerá a totalidade de cursos ou seminarios que pretendan realizar no ano 2020.

Estas organizacións disporán dun mes, contado a partir de mañá, para presentar as súas solicitudes, polo que o prazo rematará o vindeiro 24 de febreiro.

Ademais, disporán ata o próximo mes de outubro para realizar o conxunto das accións formativas.

Esta convocatoria dálle continuidade á aposta que a Xunta vén facendo nos últimos anos pola formación dos profesionais do sector do transporte. Neste sentido, cómpre lembrar que o Goberno galego concedeu na convocatoria do ano 2019 axudas para 158 cursos, nos que participaron un total de 2.435 alumnos.

A Xunta continúa potenciando as actividades formativas dirixidas aos profesionais do sector, en diferentes eidos como a condución, o transporte de mercadorías perigosas ou a xestión das empresas de transporte por estrada.

27 de xaneiro de 2020 | 16:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.