publicidade hoxe

Feijóo anuncia o inicio dos trámites de contratación das obras de ampliación e reforma do Hospital público Gran Montecelo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaLocal PortadaPontevedraPontevedraPortada esquerda
A-
A+
O presidente da Xunta en rolda de prensa

O presidente da Xunta en rolda de prensa

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, anunciou hoxe na rolda de prensa do Consello o inicio dos trámites de contratación das obras de ampliación e reforma do Hospital público Gran Montecelo, en Pontevedra, cuxa primeira fase suporán un investimento de case 115 millóns de euros.

Logo de subliñar que este trámite supón o primeiro paso no proceso de contratación das obras, baixo o obxectivo de comezar a executar a mediados de 2020, Feijóo precisou que esta primeira fase consistirá na construción dun novo edificio hospitalario, dotado cunha superficie de case 75.000 metros cadrados distribuídos en 10 andares e composto por un primeiro volume, destinado a servizos ambulatorios, que actuará como zócalo dun segundo que albergará as áreas de hospitalización.

Así mesmo, e en relación á segunda fase, cómpre salientar que esta consistirá na reforma do edificio hospitalario actual, cun investimento de aproximadamente 25 millóns de euros.

Cun desembolso total de 140 millóns de euros, Feijóo subliñou que o Gran Montecelo contará con espazos máis acolledores en áreas máis sensibles, como a diálise, o hospital de día de oncoloxía, coidados paliativos ou a zona materno-infantil; preto do 60% dos cuartos serán individuais; aumentará nun 92% o número de salas e postos de urxencias; sumarase un 49% máis de postos no Hospital de día, “incluíndo, deste xeito, melloras na comodidade, na intimidade e nos espazos de esparcemento para pacientes e familiares”; e disporá dos novos servizos de radioterapia, UCI pediátrica e medicina.

O titular da Executivo autonómico asegurou que a Xunta aprobou xa o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal do complexo hospitalario e está a culminar as expropiación, que supoñen un investimento adicional de 3,8 millóns de euros por parte da Xunta de Galicia.

Feijóo concluíu subliñando que con esta reforma e ampliación “o Gran Montecelo vai prestar servizo a 26 concellos, a 300.000 persoas para os próximos 50 anos, obxectivo da renovación completa dos hospitais do Servizo Galego de Saúde”.

21 de novembro de 2019 | 16:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.