publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O Sergas pon en marcha unha enquisa sobre clima laboral entre os seus traballadores

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada esquerda
A-
A+

O Servizo Galego de Saúde inaugura hoxe unha nova canle de comunicación para os seus profesionais. Trátase da “Enquisa Clima Sergas 2019” a través da cal, os traballadores da organización van ter a posibilidade de opinar sobre distintos aspectos que teñen relación co seu posto do traballo.

A través da súa participación nesta enquisa, os profesionais poderán opinar, evaluar e facer suxestións sobre a organización na que traballan. Para elo deberán contestar a unha serie de preguntas, priorizando o que consideran que ten maior importancia no seu traballo.

Cómpre destacar que a enquisa terá un carácter anónimo e confidencial e que está aberta a todos os traballadores do Servizo Galego de Saúde que desexen participar nela.

O obxectivo da “Enquisa Clima Sergas 2019” é coñecer a opinión de todos os traballadores para poder levar a cabo medidas que contribúan á consecución dun clima laboral satisfactorio que favoreza o desenvolvemento profesional e humano dos profesionais. Deste xeito, o persoal do Servizo Galego de Saúde identificará os puntos a mellorar. Isto permitirá levar a cabo accións para incidir, de xeito positivo, no ambiente laboral e indirectamente, tamén na asistencia sanitaria.

Esta iniciativa enmárcase dentro do proxecto ConVive, que ten como obxecto a mellora da convivencia e atención do persoal que integra o Servizo Galego de Saúde. A enquisa estará aberta ata o vindeiro 31 de decembro.

31 de outubro de 2019 | 16:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.