publicidade hoxe

Policía autonómica e axentes forestais esclarecen un incendio no concello de Pontevedra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPontevedraPontevedraPortada dereitaSucesos
A-
A+

Axentes da Policía Autonómica, en colaboración con axentes forestais, veñen de esclarecer a autoría dun incendio forestal no concello de Pontevedra.

Os policías do Grupo de Investigación de Incendios da Xefatura de Pontevedra, xunto con persoal do Distrito XIX de Pontevedra, procederon a tramitar dilixencias como investigada a unha empresa eléctrica polo lume forestal que tivo lugar o pasado 11 de setembro no lugar de Gatomorto, da parroquia de Santa María de Xeve.

O lume produciuse por un curtocircuíto ao contactar a liña eléctrica coa ramaxe do arborado debido ao desgaste dos illantes. Arderon 0,32 hectáreas de monte arborado.

As dilixencias remitíronse ao xulgado de garda do concello de Pontevedra.

No que vai de ano, un total de 66 persoas foron investigadas pola Policía Autonómica como presuntas autoras de incendios forestais.

18 de setembro de 2019 | 19:12 • Sen comentarios

Comentarios pechados.