publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O novo treito da Vía Ártabra permitirá un aforro de tempo do 33% entre Oleiros e A Coruña

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaA CoruñaLocal PortadaOleirosPortada esquerda
A-
A+

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, salientou hoxe que a execución do novo trato da Vía Ártabra permitirá un aforro de tempo do 33% no percorrido entre Oleiros e A Coruña, supoñendo unha mellora nas comunicacións dos veciños e un incremento da competitividade desta comarca. A conselleira destacou que, tendo en conta as expropiacións, a Xunta investirá 40 millóns de euros nos traballos destinados a prolongar a Vía Ártabra ata a AP-9, o que permitirá sacar o máximo rendemento ao investimento xa realizado de 70 millóns de euros nos treitos que xa están en servizo.

A conselleira lembrou que, ante as dificultades para conseguir as autorizacións necesarias por parte do Ministerio de Fomento para conectar coa AP-9, e para non demorar máis esta actuación, a Xunta decidiu avanzar neste primeiro treito, entre a N-VI e a estrada autonómica AC-221.
Trátase da construción do novo treito de 3 quilómetros de autovía libre de peaxe máis un quilómetro de conexión co polígono do Espírito Santo.

Vázquez Mourelle comprobou hoxe a pé de obra os primeiros avances na execución desta infraestrutura estratéxica para a área da Coruña, uns traballos que comezaron hai escasas semanas coa celebración a finais de xullo do levantamento de actas previas á ocupación.

Informou de que este tramo supón a maior parte dos traballos a executar ata a autopista estatal, deixando previsto o departamento que dirixe un modificado do contrato, sen necesidade dunha nova licitación, para executar unha 2ª fase e poder conectar coa AP-9, tan pronto como o Ministerio emita o informe favorable para o enlace. E sinalou que suporá unha mellora nas comunicacións e na competitividade de parques empresariais como o de Bergondo, Iñás ou o do Espírito Santo.

A conselleira destacou que unha vez que esta estrada de altas prestacións chegue a AP-9, mellorará substancialmente a vertebración da comarca, mellorando a conexión para os veciños de Sada, de Cambre e Oleiros, uns beneficios que se conseguirán a través da maior licitación en materia de estradas da Xunta, pagada con fondos propios e vía orzamentaria en case unha década, tal e como subliñou.

Explicou que o proxecto total de conexión coa AP-9 prevé a execución de contará con 2 enlaces, ademais do da autoestrada, 2 viadutos e pasos superiores e inferiores. A execución deste primeiro treito fai necesaria a remodelación do enlace actual coa N-VI, polo que se executará un novo enlace con 3 niveis. No nivel actual, executarase unha glorieta que se conectarán os ramais de saída e entrada, a Vía Ártabra cruzará baixo esa glorieta, e sobre ela cruzará a N-VI. No enlace coa AC-221 e conexión co polígono do Espírito Santo, executarase outra glorieta sobre a que cruzará a nova autovía mediante un viaduto, desde esta glorieta accederase á estrada autonómica e ao polígono a través dunha estrada de nova construción.

Ethel Vázquez expresou o convencemento da Xunta de que a conexión da Vía Ártabra coa AP-9 suporá un antes e un despois para a competitividade, a mobilidade e a seguridade viaria da área da Coruña. Un proxecto, concluíu, previsto no plan sectorial viario da Coruña, e aprobado pola Xunta no 2004, deseñado e avalado polos técnicos, seguindo criterios obxectivos baseados na seguridade e no menor impacto ambiental, como se recolleu no proxecto aprobado en 2009 polo Goberno bipartito da Xunta.

10 de setembro de 2019 | 16:26 • Sen comentarios
Deixa o teu comentario