publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O Museo de Pontevedra suma oito actividades a Cantos na Maré, festival integrado na marca da Xunta FEST Galicia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPontevedraPortada dereita
A-
A+

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura e Turismo, Jacobo Sutil, participou hoxe na presentación da programación específica que desenvolverá o Museo de Pontevedra dentro de Cantos na Maré, o festival da lusofonía apoiado pola Xunta a través das subvencións a festivais de música e como destinatario das accións da marca FEST Galicia.

Organizado pola produtora galega Nordesía, a 15ª edición de Cantos na Maré terá lugar en Pontevedra do 13 ao 15 de setembro e ofrecerá desde as diferentes instalacións do Museo un concerto para a cativada con Magín Blanco, narración oral con música da man de Vero Rilo e Faia Díaz, un percorrido pola súa colección permanente con posterior concerto de piano a cargo de Brais González, unha performance de Antón Reixa, un roteiro pola cidade guiado por Xurxo Souto, un obradoiro infantil de música antiga e a proxección de dous filmes na sección Cinemaré. Estas citas forman parte da carteleira xeral de Cantos na Maré 2019, que abrangue 20 recitais noutros catro espazos da cidade, así como as iniciativas de sensibilización sobre igualdade, uso do galego e medio ambiente promovidas por FEST Galicia.

10 de setembro de 2019 | 16:20 • Sen comentarios
Deixa o teu comentario