publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O 061 de Galicia asistiu a 53 persoas por 41 accidentes de circulación na fin de semana

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada dereitaSucesos
A-
A+

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana a 53 persoas debido a 41 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende desde as 15,00 horas do venres, 30 de agosto, ata as 23,59 horas do domingo, 1 de setembro. Os días que rexistraron máis incidentes foron o sábado e o domingo con 30 sinistros ambos os dous.

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en Galicia, recibiu nestes días 43 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 41 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atendeu un total de 53 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 55% e do 45% respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase que o 30% dos atendidos tiña entre os 20 e os 34 anos.

Por provincias, A Coruña e Pontevedra foron as que rexistraron máis accidentes con 15 sinistros de tráfico respectivamente durante os desprazamentos destas datas.

A Coruña: 15
Lugo: 5
Ourense: 6
Pontevedra: 15
Total Galicia: 41

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 60. Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado atenderon en cinco accidentes, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico mobilizáronse en 42 sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en 12 accidentes. As ambulancias convencionais asistiron nun sinistro de circulación.

En 45 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes e en oito ocasións atendeuse no propio lugar do incidente.

2 de setembro de 2019 | 17:15 • Sen comentarios
Deixa o teu comentario