publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Lete Lasa presenta o Campionato de Europa de Endurance que xuntará en Sanxenxo “ás lanchas máis rápidas do continente”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes PortadaLocal PortadaSanxenxo
A-
A+
Lete Lasa na presentación do campionato

Lete Lasa na presentación do campionato

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, acompañado do alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, presentou na mañá de hoxe o Campionato de Europa de Endurance que se celebrará o 21 e o 22 de setembro xuntando na praia de Silgar ás lanchas máis rápidas Promotion e S1 -cunha velocidade media de ata 150 km/h- provenientes de países como España, Bélxica, Portugal e mesmo Qatar como país invitado. O mandatario galego destacou a importancia de que as “embarcacións máis rápidas do continente” déanse cita por segunda vez en Galicia para competir ao longo das 11 voltas que darán a un percorrido que suma un total de 44 millas (70,81 km) e no que deberán demostrar o seu “temple e resistencia”. O evento de calado internacional beneficiará a “turismo, deporte e sociedade galegas”.

Nas súas verbas salientou a “garantía de seguridade” coa que conta este Campionato de Europa xa que estará vixiado pola Garda Civil, a Policía Local, Protección Civil e o Coordinador de Seguridade da Federación Galega de Motonáutica. Do mesmo xeito agradeceu o traballo conxunto das entidades “que están detrás do campionato” como son o Concello de Sanxenxo, Nauta Sanxenxo, Graünner e o Hotel Carlos I Silgar.

A Xunta de Galicia e Deporte Galego tamén colaboran nesta gran festa da motonáutica coa axuda directa que recibe o Europeo e, ademais, coa subida do 15% do orzamento do convenio asinado coa Federación Galega, responsable xunto á Federación Española e o Real Club Náutico de Sanxenxo da organización do evento.

Lete Lasa desexou sorte aos galegos participantes, especialmente a parella formada polos vigueses José Lorenzo e Yerai Daniel Lorenzo, campións do Mundo en 2018 e subcampións mundiais en 2019 e que parten como uns dos favoritos para este Campionato de Europa.

17 de setembro de 2019 | 17:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.