publicidade hoxe

Educación concede os Premios Extraordinarios de Bacharelato 2018/19 a 20 alumnas e alumnos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada esquerda
A-
A+

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional vén de conceder os Premios Extraordinarios de Bacharelato correspondentes ao curso 2018/19 a 20 alumnas e alumnos, que recibirán un diploma acreditativo e un premio económico de 1.000 euros. A listaxe de galardoados (13 mulleres e 7 homes) pode consultarse no Diario Oficial de Galicia de hoxe.

A Consellería de Educación, Universidade e Formación convoca cada ano este galardón co fin de recoñecer o esforzo, traballo e aproveitamento académico dos estudantes que rematan a etapa de Bacharelato nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia, ben na modalidade presencial ou na modalidade a distancia, e que obtivesen unha nota media do bacharelato igual ou superior a 8,75 puntos.

A maiores tiveron que superar unha proba específica estruturada en dúas partes: a primeira consistente na análise e comentario crítico dun texto de carácter xeral, histórico, filosófico e/ou literario e na resposta a cuestións de carácter cultural e/ou lingüístico sobre un texto na lingua estranxeira cursada polo alumnado como materia común de bacharelato. Na segunda parte desenvolvéronse temas, respostas a cuestións e/ou exercicios prácticos dunha materia propia da modalidade cursada polo alumnado.

5 de setembro de 2019 | 16:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.