publicidade hoxe

A Xunta mellora as condicións de seguridade na intersección que serve de acceso ao colexio de Samos, na estrada LU-633

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPortada dereitaSamos
A-
A+

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade adoptou unha serie de medidas dirixidas a mellorar as condicións de seguridade na intersección da estrada autonómica LU-633 coa vía de acceso ao colexio de Educación Infantil e Primaria (CEIP) de Samos.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, explicou que a obra, xa finalizada e plenamente operativa de cara o novo curso escolar, contribuirá a reducir dun xeito significativo a velocidade de circulación nese espazo (que pasa a estar limitada de 70 a 50 km/h) e tamén mellorará a visibilidade, garantido a seguridade das manobras.

“Quixemos asumir como propia unha demanda liderada desde a comunidade escolar deste colexio, e polo tanto mellorar un espazo moi transitado polo transporte escolar e polos vehículos das nais e pais que veñen a buscar ao alumando, á vez que reforzamos a seguridade dunha intersección na que hai un cambio de rasante”-dixo Balseiro.

As actuacións, executadas no punto quilométrico 36+185 desta vía autonómica, consistiron fundamentalmente en dúas medidas: reducíronse de catro a tres os carrís no cruzamento da vía, de tal xeito que aqueles que se incorporan á estrada en sentido Samos, so terán que atravesar un carril, e non dous como ata o de agora; e mantivéronse dúas zonas con carril adicional, antes e despois da intersección. Tamén se reordena un acceso na marxe oposta para o núcleo de Viladetrés.

A execución material destas medidas incluíron á modificación da sinalización, tanto no que respecta ao repintado das novas marcas viarias e o borrado das antigas, como á colocación de novas sinais verticais.

Esta actuación executouse, pola Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), con cargo ao contrato de conservación ordinaria e vialidade invernal da Zona Sur, cun investimento estimado que supera os 5.500 euros.

10 de setembro de 2019 | 16:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.