publicidade hoxe

A Xunta inviste 17.000€ na mellora da rede de saneamento e das instalacións do polígono industrial do Allo en Zas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPortada dereitaZas
A-
A+

O delegado da Xunta de Galicia na Coruña, Ovidio Rodeiro, informou que a Consellería de Economía, Emprego e Industria inviste máis de 17.000 euros na mellora da rede de saneamento no polígono industrial do Allo en Zas.

A actuación consiste na ampliación da actual rede de saneamento e pluviais e na zona central, na que actualmente hai conexións erróneas entre pluviais e residuais, se solucionará mediante a instalación dun novo pozo de rexistro de saneamento. Con isto darase solución á problemática actual que deriva toda a auga pluvial da estrada xeral á Edar. Ademais, arranxaranse 6 tapas de rexistro danadas con formigón.

“Con esta obra, apuntou Ovidio Rodeiro, conséguese unha mellora substancial da infraestrutura e das instalacións da depuración e se impide o vertido de material residual sen depurar ao medio natural”.

Ovidio Rodeiro sinalou que con esta orde de axudas “a Xunta de Galicia aposta polo desenvolvemento industrial de Galicia”. O representante do goberno autonómico destacou que “con esta iniciativa a Xunta segue mantendo o seu compromiso cos gobernos locais e o co desenvolvemento das súas infraestruturas, co fortalecemento do tecido empresarial e industrial da Comunidade e con apoios ao emprendemento, liñas que encaixan coas medidas promovidas pola Lei de implantación empresarial para favorecer a captación de novos investimentos para Galicia”.

A maioría dos proxectos van orientados a mellorar as infraestruturas viarias dos polígonos e para a instalación de sistemas de seguridade e vixilancia, aínda que tamén para plantas de depuración de auga, xestión de residuos ou instalacións contraincendios. En total, na provincia da Coruña invístense 1,5 millóns para financiar 21 proxectos en 19 concellos.

Comarca Bergantiños-Costa da Morte

Na comarca de Bergantiños-Costa da Morte a Xunta Galicia investirá máis de 354.000 euros en obras en polígonos industriais de Carballo, Laracha, Cerceda, Zas e Cee. Estas inversións son posibles grazas a unha achega da Consellería de Economía, Emprego e Industria e suporán un investimento total na comarca de 443.000 euros dos que a Xunta aporta o 80%.

A Xunta favorecerá a mobilización de 5,34 millóns de euros en proxectos para mellorar os parques empresariais de 51 municipios de Galicia, dos que 32 eran Concellos Emprendedores no momento de realizar a solicitude, o que lles deu prioridade na concesión das axudas.

17 de setembro de 2019 | 17:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.