publicidade hoxe

A Xunta espera que a inestabilidade nacional non supoña máis retrasos na posta en marcha do AVE a Galicia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada esquerda
A-
A+

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado pola conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, supervisou co ministro de Fomento en funcións, José Luis Ábalos, as obras de ADIF no tramo Zamora-Pedralba do AVE. O acto contou coa presenza do presidente de Castela-León, Alfonso Fernández Mañueco; da presidenta de Adif, Isabel Pardo de Vera; do presidente de Renfe, Isaías Táboas, e do conselleiro de Fomento de Castela-León.

Alfonso Rueda indicou que a Xunta espera que se cumpran os prazos e que a inestabilidade nacional que levou a convocar novas eleccións xerais non supoña máis retrasos na posta en marcha do AVE a Galicia. Agradeceu a invitación por parte do Ministerio de Fomento ao Goberno galego para participar hoxe no viaxe en probas da liña Zamora- Pedralba e destacou que os avances na liña de Alta Velocidade son fundamentais para a nosa comunidade como infraestrutura crucial para as nosas comunicacións e para a competitividade territorial de Galicia.

O vicepresidente da Xunta, manifestou que despois de anos esperando o remate das obras, o Goberno galego porá todo o que estea nas súa mans para que o AVE chegue a Galicia o antes posible, incidindo ademais na importancia que terá a posta en marcha desta infraestrutura para o Xacobeo 2021.

As vantaxes da alta velocidade para a nosa comunidade son de especial importancia en todos os eidos e Galicia precisa contar cunhas infraestruturas de calidade polo que é necesario que se siga avanzando e cumprindo cos compromisos neste eido, e que a nosa comunidade e por ende todo o noroeste peninsular non estea no furgón de cola das comunicacións ferroviarias, indicou o vicepresidente no transcurso do acto.

18 de setembro de 2019 | 19:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.