publicidade hoxe

A Xunta demanda ao Ministerio para a Transición Ecolóxica información oficial dos avances na reasignación de fondos europeos para acometer o dragado da ría do Burgo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada dereita
A-
A+

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, vén de remitirlle ao secretario de Estado de Medio Ambiente, Hugo Morán, unha misiva na que lle reitera a necesidade de información oficial relativa aos avances na reasignación dos fondos europeos ao dragado da ría do Burgo.

Vázquez Mourelle reiterou que cómpre completar a rexeneración e o saneamento desta ría a través do proxecto de dragado ambiental, que é de competencia estatal. Para isto, o Goberno galego propuxo en xaneiro a reasignación de fondos inexecutables de depuración na comunidade ao proxecto de rexeneración da ría do Burgo, que é a solución definitiva.

Recordou que Augas de Galicia contactou con persoal do ministerio para interesarse polos avances da proposta, enviando o 13 de marzo á Subdirección de Protección da Costa un informe sobre as actuacións realizadas na ría, tal como solicitaron. Sen embargo, a día de hoxe, a Xunta non tivo contestación oficial sobre o estado actual dos trámites de dragado.

Destacou que o Executivo autonómico só ten coñecemento do documento sometido a consulta previa a través da páxina web do Ministerio para a Transición Ecolóxica, no que figuran modificacións que permitirían como financiables medidas que posibilitarían acometer o dragado, pero non aparecen o desglose dos proxectos a financiar.

A conselleira lembrou que o saneamento das rías é prioritario para a Xunta, por isto investiu 100 millóns de euros na eliminación dos vertidos de augas residuais da ría do Burgo, acadando a mellora da clasificación das augas e posibilitando a produción marisqueira.

10 de setembro de 2019 | 16:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.