publicidade hoxe

A Xunta acada a garantía do Ministerio de Cultura para que a nova Biblioteca de Vigo sexa unha das mellores de Galicia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPortada dereitaVigo
A-
A+

O director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo, reuniuse hoxe en Madrid coa directora xeral do Libro e do Fomento da Lectura do Ministerio de Cultura e Deporte, Olvido García Valdés, para repasar algúns dos aspectos técnicos da creación dunha nova Biblioteca Pública de Estado en Vigo. Trátase dunha infraestrutura de nova creación que se situará no entorno da rúa Lalín e que permitirá incrementar a oferta cultural na cidade olívica.

Anxo M. Lorenzo manifestou que a Xunta está a traballar para conseguir que esta nova edificación se converta “nunha das mellores bibliotecas de Galicia”. Para isto, o director de Políticas Culturais solicitoulle ao Ministerio de Cultura e Deporte que se comprometa para que a Biblioteca Pública do Estado “cumpra coas necesidades que precisa Vigo e sexa unha infraestrutura adecuada para un volume de poboación como o que ten a cidade olívica”.

Cómpre destacar que a nova Biblioteca de Vigo estará situada nun novo edificio que se encargará de construír o Goberno central nun solar que, tal e como ocorreu no resto de cidades galegas, será de cesión municipal. Unha vez rematada a obra, a xestión e o mantemento do inmoble será asumido pola Xunta de Galicia que, tal e como lembrou Anxo M. Lorenzo, fará un importante esforzo económico e de recursos co obxectivo de conseguir que esta nova edificación se converta nunha referencia na Comunidade.

18 de setembro de 2019 | 19:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.