publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Secretaría Xeral para o Deporte concede 144 prazas para a tempada 2019-2020 do Centro Galego de Tecnificación Deportiva

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes Portada
A-
A+

A Secretaría Xeral para o Deporte vén de facer pública a resolución das solicitudes das prazas para o Centro Galego de Tecnificación Deportiva para a tempada 2019/2020 co fin de facilitar o adestramento dos deportistas de tecnificación e rendemento, creando un clima de adestramento e convivencia entre deportistas de diferentes especialidades deportivas, fomentando a educación integral dos deportistas que favoreza o seu desenvolvemento persoal e facilitando a mellora do seu rendemento deportivo coa finalidade de alcanzar o máximo nivel competitivo.

As 12 modalidades deportivas que contarán con prazas no Centro Galego de Tecnificación Deportiva na tempada 2019/2020, segundo o disposto na Resolución do 7 de xuño son atletismo (marcha e lanzamentos), bádminton. ximnasia acrobática (trampolín e artística), judo, karate, loita, natación, piragüismo (augas bravas – slálom e augas tranquilas), remo, taekwondo, tríatlon e vela.

Deste xeito concédense un total de 144 prazas: 95 prazas para deportistas de tecnificación (86 residentes e 9 externos) e 49 prazas para deportistas de rendemento (12 residentes, 21 externos e 16 de elite).

CGTD

O deporte galego ten no Centro Galego de Tecnificación Deportiva (CGTD) a instalación de referencia da súa excelencia competitiva, unha excelencia que contempla, por suposto tamén, a formación académica dos deportistas coa finalidade de conseguir a súa formación integral. Este centro naceu no curso 1987-88 aproveitando as instalacións do Estadio da Xuventude e a residencia de estudantes Atlántico da cidade de Pontevedra. Co paso do tempo foise transformando nun moderno complexo deportivo no que se formaron os mellores deportistas de Galicia e, na actualidade, dálles cabida aos principais deportistas e promesas do deporte galego.

No 2007 e no 2010, respectivamente, incorpóranse á órbita e área de influencia deportiva do CGTD as instalacións do Centro Deportivo Pontillón do Castro e o Centro Galego de Tecnificación de Vela en Vilagarcía, instalacións que completan a preparación dos principais deportistas de piragüismo e vela.

A lista de deportistas que chegaron á cima das súas modalidades logo de formarse neste Centro é moi longa, podendo destacar entre eles a 18 deportistas olímpicos e 2 paralímpicos cunha colleita total de 11 medallas dende os Xogos Olímpicos de Sídney 2000.

5 de setembro de 2019 | 17:00 • Sen comentarios
Deixa o teu comentario