publicidade hoxe

A Policía Autonómica e axentes forestais esclarecen un incendio en Ames

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAmesLocal PortadaPortada dereitaSucesos
A-
A+

Axentes da Policía Autonómica, en colaboración con axentes forestais, veñen de esclarecer a autoría dun incendio forestal no concello de Ames.

Os Policías da Xefatura Territorial da Policía Autonómica de Santiago de Compostela, en
colaboración co persoal do Distrito Forestal III-Santiago-Meseta Interior, tomaron declaración como investigado ao presunto autor dun incendio forestal ocorrido o pasado día 7 de setembro na parroquia de Trasmonte, no concello de Ames, no que arderon 0,35 hectáreas de monte raso e que se orixinou polo lanzamento de artefactos pirotécnicos.

Do actuado, remitiuse atestado ao Xulgado de Instrución un funcións de Garda de Santiago de Compostela (A Coruña).

No que vai de ano, un total de 65 persoas foron investigadas pola Policía Autonómica como presuntas autoras de incendios forestais.

17 de setembro de 2019 | 17:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.