publicidade hoxe

Xunta e a Real Federación Galega de Fútbol únense na promoción do galego

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes PortadaGaliciaPortada dereita
A-
A+
Sinatura do covenio de colaboración

Sinatura do covenio de colaboración

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, e o presidente da Real Federación Galega de Fútbol (RFGF), Rafael Louzán, asinaron hoxe un convenio de colaboración destinado á promoción do galego.

Así, ao abeiro deste acordo, realizaranse actividades para difundir e promover a lingua no ámbito deportivo entre as que se atopan a organización dunha xornada de eficiencia na comunicación en galego para os alumnos da escola de adestradores e a elaboración neste idioma de material informativo e promocional da mesma.

O convenio tamén contempla ofrecer asesoramento aos clubs de Terceira División para que coñezan os trámites necesarios para a modificación do nome do club ao galego e a inclusión na Gala do Fútbol Galego de actuacións de artistas galegos e da entrega dun premio á promoción dos valores e da cultura galega.

A utilización da lingua galega nas redes sociais, nas páxinas web e nas publicacións dos clubs adheridos á RFGF tamén é outro dos acordos propostos no documento.

O investimento para realizar todas estas accións ao longo deste ano ascende a 16.000 euros, dos que a Xunta de Galicia aportará 15.000 euros.

6 de agosto de 2019 | 14:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.