publicidade hoxe

Política Social achega 110.000 euros á Fundación Juan Soñador

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada dereita
A-
A+

A Consellería de Política Social e a Fundación Juan Soñador asinaron un convenio de colaboración para poñer en marcha un programa socioeducativo e de ocio e tempo libre, de atención integral dos menores en situación de risco, desamparo ou exclusión social. A Consellería achegará máis de 110.000 euros para que a entidade desenvolva este plan cos menores que están baixo a garda ou tutela da Xunta de Galicia.

Este programa estará dividido en diferentes áreas de actuación. Poñerá en marcha medidas de atención ao desenvolvemento persoal e social, que contará con titorías personalizadas e talleres educativos tanto grupais como individuais centrados en educación emocional, promoción de valores ou a prevención dos riscos contra a saúde. Tamén desenvolverá actividades de apoio escolar e familiar, con asesoramento e orientación.

Ademais disto, a iniciativa incluirá medidas de atención e dinamización do ocio e tempo libre como a realización de actividades lúcidas, culturais e de multideporte. Tamén contará cun punto de información sobre temas de intereses e un espazo para a convivencia.

Desta maneira, ademais de ser beneficiarios do programa as nenas e nenos de entre 12 e 18 anos, tamén o serán as súas familias, xa que se abordarán con eles diferentes actividades para que sexan partícipes do desenvolvemento das súas fillas e fillos.

12 de agosto de 2019 | 13:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.