publicidade hoxe

Policía Autonómica e axentes medioambientais esclarecen un incendio en Vilanova de Arousa

Axentes da Policía Autonómica, xunto con facultativos medioambientais, veñen de esclarecer a autoría dun incendio forestal no concello de Vilanova de Arousa.

Os policías do Grupo de Investigación de Incendios da Xefatura de Pontevedra, en colaboración con axentes facultativos medioambientais, procederon a tomar declaración como investigado a un home como presunto autor dun lume forestal que tivo lugar o pasado 1 de agosto na parroquia de Deiro.

O incendio foi consecuencia dunha queima de restos forestais non autorizada, xa que en período de alto risco non se poden realizar, e ademais e levouse a cabo sen cumprir as medidas de seguridade. O lume afectou a unha superficie de 0,02 hectáreas de monte arbolado.

As dilixencias remitíronse ao xulgado de garda de Vilagarcía de Arousa.

No que vai de ano, un total de 58 persoas foron investigadas pola Policía Autonómica como presuntas autoras de incendios forestais.

12 de agosto de 2019 | 13:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.