publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O DOG publica a transferencia ao Concello de Mondariz do treito de vía provincial que dá acceso á igrexa de Sabaxáns

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaLocal PortadaMondarizPontevedraPortada dereita
A-
A+

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a aprobación da transferencia ao Concello de Mondariz do treito do viario provincial EP-4307, que dá acceso á igrexa de Sabaxáns.

O Concello pontevedrés solicitou á deputación provincial o cambio de titularidade deste treito que discorre na súa maior polos núcleos rurais de Filgueiras e A Igrexa, na parroquia de Sabaxáns. A petición prodúcese tras coñecer a intervención proposta polo organismo provincial de acondicionamento neste viario e a súa replanificación en materia de mobilidade.

A Administración provincial de Pontevedra considerou axeitado o cambio de titularidade a prol do Concello de Mondariz, xa que, a citada vía supón o principal viario de saída de Sabaxáns cara os lugares de Cernadela e ao propio centro do municipio, formando parte do propio núcleo que se crea dentro do concello. Deste xeito, o organismo provincial emite informe favorable á transferencia deste treito e solicita o cambio de titularidade á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade.

A transferencia a prol do Concello pontevedrés deste treito provincial tramítase de acordo co previsto na Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, e foi aprobada o pasado día 18 de xullo polo Consello da Xunta, a proposta da departamento de Infraestruturas da Xunta, que é a competente en materia de estradas.

Co cambio de titularidade, o Concello de Mondariz asume a competencia para actuar neste tramo e asume a responsabilidade da súa xestión, mantemento e conservación e poderá actuar de modo acorde coas súas características.

Este decreto producirá efectos desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

1 de agosto de 2019 | 12:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.