publicidade hoxe

A Xunta renova o servizo de xestión de bens decomisados coa Fundación Galega contra o Narcotráfico

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada dereita
A-
A+

O director xeral de Xustiza, Juan José Martín e o presidente da Fundación Galega contra o Narcotráfico, Manuel Antonio Couceiro, asinaron hoxe a renovación do convenio de colaboración para impulsar a xestión eficaz dos bens comisados en delitos de narcotráfico en Galicia. O director xeral de Xustiza destaca como unha das principais vantaxes o retorno social dos bens incautados, servindo a diversas accións antidroga a través da adxudicación ou cesión de bens non vendidos a entidades sociais, municipios e forzas de seguridade.

A Vicepresidencia da Xunta dá continuidade así á colaboración iniciada en 2015 coa Fundación Galega contra o Narcotráfico na loita contra este tipo de delitos en Galicia. O convenio asinado hoxe, no que colabora o Colexio de Procuradores da Coruña coa prestación de apoio técnico, permitirá mellorar a eficacia e eficiencia para actuar neste eido no ámbito xudicial. Este acordo permite prestar información e apoio aos xulgados galegos ao poñer á súa disposición un servizo especializado na xestión, depósito e venda anticipada dos bens mobles incautados ao narcotráfico e delitos conexos.

Os bens obxecto do servizo consisten principalmente en vehículos, embarcacións, equipos informáticos e de telecomunicacións, caracterizados polo seu rápido deterioro e perda de valor que, a través desta ferramenta, serán vendidos ou asignados, en determinados supostos, a causas sociais, ofrecendo unha indubidable achega de valor e servizo á sociedade galega.

Entre as súas principais vantaxes, destacan a axilización do funcionamento da Administración de Xustiza en Galicia; facilitar o labor das forzas e corpos de seguridade do Estado; aforro dos custos derivados do depósito e a depreciación dos activos comisados; e aumento de ingresos para a Administración e para a sociedade grazas á venda anticipada dos bens, evitando a súa posterior deterioración e depreciación e valor exemplifícante e disuasorio fronte a organizacións de narcotraficantes.

A posta en marcha durante este ano do servizo reforza un dos piares básicos da loita contra o narcotráfico: a intervención dos patrimonios procedentes da venda de drogas, unha cuestión considerada de importancia estratéxica a nivel internacional.

14 de agosto de 2019 | 14:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.