publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Xunta executa actuacións de conservación e limpeza nos ríos Vello e Peitieiros ao seu paso por Gondomar

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGondomarLocal PortadaPortada dereita
A-
A+

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, está a executar actuacións de limpeza e conservación nos ríos Vello e Peitieiros, no Concello de Gondomar.

Estes traballos de mantemento lévanse a cabo nos treitos interurbanos destes ríos ao seu paso polos lugares de Borreiros e Touróns, respectivamente.

As obras inclúen o desbroce de maleza das marxes, a retirada das árbores e pólas caídas e da madeira morta existente. Unha vez finalizadas estas actuacións, o río quedará despexado de maleza, posibilitando así a circulación fluída das súas augas.

O organismo hidráulico da Xunta desenvolve estas accións no marco do programa de mantemento, conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia- Costa, no ámbito territorial da zona Galicia Norte e as súas zonas de acceso e protección.

A Xunta, mediante este tipo de traballos, continúa traballando na mellora dos leitos fluviais para acadar condicións naturais do ecosistema que favorezan os aspectos medioambientais e de uso social na contorna do río.

14 de agosto de 2019 | 12:59 • Sen comentarios
Deixa o teu comentario