publicidade hoxe

Xunta e Cogami impulsan a difusión do proxecto innovador do CEGADI na atención a persoas con discapacidade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada dereita
A-
A+

A Xunta de Galicia e Cogami firmaron hoxe un acordo para dar difusión ao proxecto innovador do Centro Galego de Desenvolvemento Integral (CEGADI), que se basea na investigación de novas metodoloxías, terapias e intervencións encamiñadas a mellorar a autonomía das persoas en situación de dependencia desde a idade temperá. Desta maneira, darase a coñecer a iniciativa entre as persoas usuarias dos servizos sanitarios ofertados polo Complexo Hospitalario Clínico Universitario de Santiago de Compostela (CHUS).

O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Ildefonso de la Campa, asistiu á sinatura na que participaron a xerente da Xerencia de Xestión Integrada (EOXI) de Santiago de Compostela, Eloína Núñez, e o presidente de Cogami, Anxo Queiruga.

O obxectivo deste acordo é difundir este proxecto innovador que consiste no desenvolvemento dun conxunto de intervencións (como poden ser unidades terapéuticas de fisioterapia, terapia ocupacional, logopedia, neuropsicoloxía, psicomotricidade, estimulación sensorial, habilidades sociais, coñecemento dos recursos da contorna, formación, emprego, accesibilidade, etc.) cuxa finalidade é mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade

Neste sentido, o persoal adscrito aos servizos sanitarios do CHUS ofrecerá información acerca da finalidade desta iniciativa ás persoas susceptibles de ser beneficiarias: persoas adultas con discapacidade ou dependencia ata 60 anos que precisen de apoios para unha recuperación funcional, ou menores con discapacidade física, que presenten dificultades na adquisición de destrezas motoras, da comunicación e das actividades básicas da vida diaria que repercutan na autonomía persoal.

5 de xullo de 2019 | 13:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.