publicidade hoxe

Villanueva mantén unha xuntanza coa Federación de Salvamento e Socorrismo de Galicia para analizar a situación dos concellos galegos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada esquerda
A-
A+
Santiago Villanueva na reunión coa presidenta da FESSGA

Santiago Villanueva na reunión coa presidenta da FESSGA

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, mantivo esta mañá unha xuntanza coa presidenta da Federación de Salvamento e Socorrismo de Galicia (FESSGA), Nuria Rodríguez, onde analizaron polo míúdo a situación actual dos concellos galegos este verán pola escaseza de socorristas. Santiago Villanueva indicou que a día de hoxe están inscritos no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia case 5.300 persoas o que os habilita para poder traballar nas nosas praias.

Esta reunión se enmarca nunha serie de encontros que se manteñen cos distintos actores implicados no eido do socorrismo e que se iniciou coa xuntanza mantida polo vicepresidente da Xunta de Galicia co presidente da Fegamp, xa que como lembrou o director xeral de Emerxencias e Interior, a contratación dos socorristas e a prestación deste servizo é competencia municipal, polo que o Goberno galego e Fegamp analizaron as causas da carencia de socorristas en algúns supostos e as posibles medidas que permitan paliar esta escaseza de persoal.

Santiago Villanueva e Nuria Rodríguez indicaron que partindo da base de que hai 5.300 socorristas habilitados para poder exercer, hai que atopar unha solución e determinar porque en algúns concellos non teñen problema para levar a cabo as contratacións e en cambio noutros lugares non. Neste senso púxose de manifesto que tanto a estacionalidade das contratacións como o importe a recibir polos socorristas marcan, dificultan nalgúns casos a posibilidade de cubrir o servizo

Villanueva fixo especial fincapé en que é completamente necesario que todos os concellos poidan contar con estes profesionais, polo que hai que buscar posibles alternativas e vías de solución sempre pensando na seguridade dos veciños e turistas que acoden na tempada de verán ás praias e espazos acuáticos da nosa comunidade.

Así se estudarán distintas alternativas cos axentes implicados para intentar que esta problemática non se produza no futuro e que abarcarían posibles solucións que se baseen tanto en aspectos relacionados coa formación dos socorristas, a forma e requisitos de obtención da titulación, así como os procesos selectivos de contratación deste persoal.

5 de xullo de 2019 | 14:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.