publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Rematan os traballos de reforzo do firme na autovía Ferrol-Vilalba, no treito da provincia de Lugo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaLugoPortada dereitaVilalba
A-
A+

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade rematou as obras de mellora do firme executadas nos últimos meses na autovía Ferrol-Vilalba (AG-64), no treito da provincia de Lugo, que contaron cun orzamento próximo aos 200.000 euros.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, explicou que se realizaron reparacións puntuais na vía ao seu paso polos municipios de Xermade e Vilalba, dende o punto quilométrico 39,790 ao 55,950. Principalmente actuouse en 2,7 quilómetros que transcorren entre o enlace de Cabreiros coa estrada LU-540 e o límite co concello das Pontes, na provincia da Coruña.

A intervención consistiu na rehabilitación do firme nos treitos da calzada que presentaban maior deterioro, mediante fresados localizados e a posterior reposición da capa de rodadura con mestura bituminosa en quente.

Os traballos comezaron o pasado outono e leváronse a cabo durante os últimos meses -exceptuando algunhas semanas durante o inverno debido ás condicións climatolóxicas-. Segundo apuntou o delegado, a continuación procederase ao repintado da sinalización horizontal nos tramos de actuación, tarefas que comezarán proximamente.

Balseiro salientou que o Goberno galego continúa avanzando na programación de obras para manter as estradas autonómicas en bo estado, dado que “unhas boas comunicacións diminúen os riscos na circulación ao tempo que favorecen a actividade económica”, concluíu.

19 de xullo de 2019 | 13:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.