publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Política Social renova a colaboración con Agafan para dar continuidade ás vantaxes e beneficios do Carné Familiar

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada dereita
A-
A+
A conselleira de Política Social na renovación do convenio

A conselleira de Política Social na renovación do convenio

A conselleira de Política Social, Fabiola García, sinalou esta mañá dotar ás familias dos servizos, recursos e axudas que precisan co obxecto de prestarlles un apoio integral é un dos eixes prioritarios da Xunta de Galicia. Díxoo na renovación do convenio de colaboración coa Asociación Galega de Familias Numerosas (Agafan) para garantir a continuidade dos beneficios e vantaxes destas familias a través do programa Carné Familiar.

A Xunta achega 16.500 euros para que as familias que estean en posesión deste carné, que se expide de maneira gratuíta teñan mellores prezos e máis vantaxes no millar de establecementos asociados que están adheridos a este programa, e que pertencen a todos os ámbitos de actividade: ocio, cultura, hostalería e outros. Agafan encárgase de sumar a novas empresas a este programa e tamén dunha labor de difusión entre as familias das entidades colaboradoras que ofrecen vantaxes, tanto as antigas como as que se van incorporando

Fabiola García destacou o apoio que o Goberno galego presta ás familias numerosas, máis alá dos beneficios tradicionais que lles outorga esta condición. Así, en Galicia está implantado o certificado de non nado, para que poidan desfrutar dos beneficios de familia numerosa desde o momento do embarazo do terceiro fillo. Tamén dispoñen de bonificacións do 20% do prezo nas escolas infantís e para o cálculo das axudas que lles corresponden se ten en conta a renda per cápita.

16 de xullo de 2019 | 14:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.