publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O modelo ‘E ti de quen ves sendo’, gañadora do primeiro concurso de bolsas de tea convocado por Medio Ambiente para reducir o uso do plástico

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada dereita
A-
A+
Presentación da campaña

Presentación da campaña

Con motivo do Día Internacional Libre de Bolsas de Plástico, que se celebra hoxe día 3 de xullo, a Xunta de Galicia entregou o premio á gañadora do primeiro concurso de bolsa de tea convocado pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda para reducir o uso do plástico. O deseño presentado pola alumna da Escola Pablo Picasso, Patricia Rodríguez Dorado, foi a opción máis votada (con 307 votos) a través da páxina web wwww.menosbolsas.gal, dos catro traballos finalistas do certame dirixido ao alumnado universitario das ramas de Deseño, Publicidade e Belas Artes e a estudantes das escolas superiores de Deseño de Galicia.

A directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, Cruz Ferreira Costa, entregou este galardón á alumna premiada que -ademais dun levar un premio en metálico de 500 euros- verá o seu deseño impreso en 15.000 bolsas de tea para a compra. Estas serán distribuídas gratuitamente entre establecementos comerciais de toda Galicia e, a maiores, recibirá un cheque doutros 500 euros que poderá destinar a unha ONG -da súa elección- que traballe a prol do medio ambiente.

A directora xeral explicou que se trata dunha iniciativa dentro dunha campaña para fomentar a conciencia social dos galegos sobre o uso de bolsas de plástico non biodegradables e a necesidade de reducir o seu consumo actual. Así, a Xunta busca sensibilizar e implicar cada vez máis á sociedade galega na loita contra o consumo de bolsas de plástico que se fai actualmente. Recordou que este tipo de hábitos teñen un impacto directo no medio ambiente, polos altos niveis de residuos dispersos que producen e a ameaza particular que supón para os ecosistemas acuáticos.

Cruz Ferreira salientou que o reparto destas bolsas de tea súmase ao reparto de 3.000 bolsas para a merenda do certame de debuxo aberto á participación dos alumnos de primaria, fallado xa o 7 de xuño e no que resultou gañador Aarón Gómez, alumno de 12 anos do Colexio Plurilingüe Mariano de Vigo.

Indicou que este tipo de iniciativas permiten á sociedade galega avanzar cara a meta fixada pola normativa estatal, acorde tamén coa Directiva Europea na materia, establece como obxectivo a redución progresiva dun 80% do uso destas bolsas no período 2015-2025.

Ferreira Costa destaca que este paso, xunto con outros como a obrigatoriedade de cobrar polas bolsas de plástico desde o pasado 1 de xullo 2018, a prohibición das bolsas de plástico fragmentado desde o 1 de xaneiro de 2020, ou a decisión de que a partir de 2021 non se poidan comercializar bolsas de plástico lixeiras e moi lixeiras, agás aquelas que sexa compostables, son importantes para converter á Comunidade galega nun referente para outras rexións.

3 de xullo de 2019 | 12:33 • Sen comentarios
Deixa o teu comentario