publicidade hoxe

O CIFP Coroso de Ribeira contará con 44 prazas en ciclos formativos de FP Dual con prácticas en dez empresas da comarca

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaRiveira
A-
A+

O delegado territorial da Xunta, Ovidio Rodeiro, el o alcalde de Ribeira, Manuel Ruíz Rivas, visitaron a fábrica de conxelados Ángel López Soto unha das encargadas de impartir este ano a formación dual de FP do CIFP Coroso.

O delegado da Xunta informou que a Consellería de Educación contempla no curso 2019/2020 12.384 prazas en primeiro curso en centros públicos da provincia da Coruña (en números moi similares ao curso anterior), en 510 ciclos e programas formativos autorizados. Delas, 8.907 forman parte do réxime ordinario – 3.410 en grao medio, 3.805 en grao superior, 1.368 en FP Básica e 324 en programas formativos para persoas con necesidades específicas de atención educativa-, mentres que outras 1.882 son do réxime modular para persoas adultas –895 en grao medio e 987 en grao superior-, e 1.000 do réxime modular a distancia –450 en grao medio e 550 en grao superior.

No referido a FP dual ofértase un total de 595 prazas na provincia (271 en grao medio e 324 en grao superior). A principal novidade é a incorporación á oferta de 35 novos proxectos de FP Dual (un 59% máis dos que entraron en funcionamento na provincia no 2018/19).

Neste sentido, o delegado territorial lembrou que “a FP Dual é o modelo de formación de futuro, no que o alumnado pode formarse e vivir á vez a realidade dun centro de traballo, e na que a empresa se involucra tanto no propio currículo do ciclo como na formación complementaria do estudante”.

Ovidio Rodeiro recalcou que “esta oferta é unha das apostas do departamento educativo da Xunta de Galicia para impulsar a empregabilidade dos titulados e para axustar a formación profesional ás necesidades dos sectores produtivos locais”. Neste senso, engadiu que “o obxectivo da programación da FP en Galicia é dar resposta ao tecido socio-produtivo de cada comarca e á demanda de titulados que solicitan as empresas, o que redunda nunha maior facilidade para que o alumnado da FP galega acceda a un posto de traballo ao rematar os seus estudos”.

O CIFP de Coroso en Ribeira oferta 3 ciclos de FP dual en empresas, dous deles no ciclo de grao medio en Elaboración de produtos alimentarios e un no ciclo de grao superior en Mantemento de instalacións térmicas e de fluídos. En total ofértanse 44 prazas nestes 3 ciclos duais.

Neste centro de formación os dous novos ciclos de elaboración de produtos alimentarios realizaranse en colaboración empresa Ángel López Soto S.L. e con Salica, Alimentos congelados e o de mantemento de instalacións térmicas e de fluídos con Aluminios Cortizo, Amegrove S: Coop Galega, Ángel Lopez Soto S.l., Conservas Ría de Arousa S.L, Ignacio Gónzalez Montes S.A., Rotogal S.A, Santiago Manuel Radio García e Tecfrisa Instalciones e Ingeniería S.L.

3 de xullo de 2019 | 13:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.