publicidade hoxe

Díaz Mouteira mantén un encontro institucional co alcalde de Monterrei para analizar futuros proxectos conxuntos no concello

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaMonterreiOurense
A-
A+
Marisol Díaz Mouteira na reunión co alcalde de Monterrei

Marisol Díaz Mouteira na reunión co alcalde de Monterrei

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, recibiu esta mañá no seu despacho ao alcalde de Monterrei, José Luís Suárez Martínez. Esta xuntanza enmárcase nunha rolda de contactos cos alcaldes da provincia que Díaz Mouteira iniciou o pasado mes de xuño, logo da constitución das novas corporacións locais, co obxectivo de facer balance da colaboración autonómica durante os últimos catro anos, así como analizar a marcha daqueles proxectos que está a desenvolver o Goberno galego neles.

Marisol Díaz lembrou que nos últimos catro anos Monterrei recibiu do Goberno galego achegas por un importe de máis de 3,5 millóns de euros. Así, as diferentes consellerías da Xunta concederon ao municipio de Porqueira preto de 1,2 millón de euros en materia de subvencións; máis de 790.000 euros en convenios; e máis de 1,5 millón de euros pertencentes a outras actuacións.

A representante do executivo autonómico en Ourense subliñou que as achegas da Administración autonómica posibilitaron o acondicionamento dos accesos ao castelo de Monterrei, a mellora da praza e dunha rúa en Vilaza, a creación de 3 casas niño, distintas iniciativas relacionadas coa prevención e defensa contra os incendios forestais e a posta en marcha de varios obradoiros de emprego conxuntamente con outros concellos, entre outras actuacións.

A delegada territorial fixo fincapé na importancia de continuar nesta nova etapa a colaboración institucional e brindoulle ao alcalde de Monterrei todo o apoio e diálogo da Administración autonómica para poder axilizar e desenvolver con éxito os proxectos do seu concello que garantan o progreso e benestar da veciñanza.

4 de xullo de 2019 | 14:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.