publicidade hoxe

Comeza a instalación de iluminación na estrada autonómica PO-308, entre Soutullo e Major

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPortada dereitaSanxenxo
A-
A+

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade comeza as obras de instalación de iluminación na estrada PO-308, entre Soutullo e Major, cun investimento superior aos 485.000 euros.

Esta actuación, que prevé a instalación de farois e a conexión do alumeado no treito da estrada entre, Soutullo e Portonovo, dispón dun investimento superior aos 485.000 euros.

Os traballos que inicia agora a empresa Arias Infraestruturas S.A, permiten a instalación de farois e a conexión do alumeado no treito da estrada PO-308, comprendido entre Soutullo e Major, no tramo da senda finalizada no pasado verán.

Tamén o contrato prevé a colocación completa de alumeado pola marxe esquerda da estrada no treito da PO-308 entre Portonovo e Major, que se executará de xeito coordinado co construción da senda peonil e ciclista cuxas obras están en execución.

As luminarias son de tipo led regulables e permitirán reducir a intensidade de luz a partir da hora da noite que programe o concello. Ademais, colocaranse farois para a iluminación diferenciada nos pasos de peóns co fin de facilitar a súa visibilidade.

19 de xullo de 2019 | 13:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.