publicidade hoxe

Activada a alerta laranxa por tormentas nas provincias de Lugo e Ourense

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada dereita
A-
A+

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta activa alerta laranxa por tormentas nas provincia de Lugo e Ourense esta mañá.

Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), trátase dun fenómeno meteorolóxico que afectará á montaña e sur da provincia lucense e á zona da montaña de Ourense. Prevense chuvias e vento localmente fortes e granizo de gran tamaño nestas zonas

Por este motivo, e co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, informou da situación aos concellos da provincias afectadas; Deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outros. Deste xeito, agárdase que se adopten as medidas oportunas para garantir a seguridade dos bens e das persoas.

Ademais, aconséllase consultar a páxina web do CAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.

23 de xullo de 2019 | 10:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.