publicidade hoxe

A Xunta somete a información pública o decreto que regula os instrumentos para a avaliación e mellora da calidade do sector público galego

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada dereita
A-
A+

A Xunta somete a información pública o proxecto de decreto polo que se regulan os instrumentos para a avaliación e a mellora da calidade no sector público galego. A norma, que se atopa na web de Transparencia, está dende hoxe ata o vindeiro 21 de agosto a disposición da cidadanía galega para suxestións antes da súa aprobación definitiva.

O proxecto de decreto ten como obxectivos, establecer as directrices para a avaliación da calidade das políticas públicas e dos servizos públicos, adaptar a actual regulación das cartas de servizos ao novo marco establecido pola Lei 1/2015, do 1 de abril, de garantía da calidade dos servizos públicos e da boa administración.

Así como aprobar, por primeira vez, as bases para a realización de estudos de análise da demanda e do grao de satisfacción das persoas usuarias dos servizos públicos como instrumentos para coñecer e analizar a opinión, a calidade percibida e o grao de satisfacción da cidadanía sobre os servizos públicos prestados.

Unha das novidades principais deste decreto consiste en regular como se deben avaliar periodicamente as políticas e os servizos públicos para melloralos de forma continua. Xa que un dos obxectivos é que a avaliación das políticas públicas se converta nunha ferramenta de bo goberno, institucionalizando as rutinas avaliadoras dentro da xestión dos asuntos públicos como parte da cultura administrativa do sector público autonómico de Galicia.

30 de xullo de 2019 | 13:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.