publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Xunta investirá 2 millóns de euros en mellorar a eficiencia enerxética da sede territorial de Lugo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaLocal PortadaLugoLugoPortada dereita
A-
A+

A Xunta investirá preto de 2 millóns de euros en mellorar a eficiencia enerxética do edificio da sede territorial de Lugo. As obras, que se prolongarán durante uns sete meses, optimizarán a envolvente térmica, a climatización e tamén a iluminación dos espazos de traballo.

Así o explicaron hoxe o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, na presentación deste proxecto.

Grazas a estas obras, aforraranse máis de 100.000 euros anuais en consumo eléctrico e de gas; mellorarase o confort e as condicións dos empregados públicos; e, do mesmo xeito, mellorarase tamén o servizo que se presta á cidadanía.

Esta actuacións inscríbese na aposta da Xunta por modernizar e acondicionar as súas infraestruturas para unha maior comodidade dos empregados públicos e dos cidadáns que fan uso diario destes edificios.

Así, o Goberno galego está xa na fase final dun plan para mellorar as sedes xudiciais e ten en marcha outro para mellorar a eficiencia enerxética dos edificios administrativos. Ademais, cómpre lembrar que esta mesma semana se inaugurou en Santiago de Compostela a rehabilitación do complexo administrativo de San Caetano, onde tamén está prevista unha reforma interior e o proxecto de San Caetano II, ampliando as instalacións ao que hoxe é a estación de buses.

5 de xullo de 2019 | 13:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.