publicidade hoxe

A Xunta financia a adquisición dun vehículo para o corpo de Policía Local do Rosal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaO RosalPontevedraPortada esquerda
A-
A+
Marta Fernández-Tapias na sinatura coa alcaldesa do Rosal

Marta Fernández-Tapias na sinatura coa alcaldesa do Rosal

A Xunta financiará a adquisición dun vehículo para o corpo de Policía Local do concello de Rosal que se destinará fundamentalmente a tarefas ambientais.

Ese é o obxecto do convenio asinado hoxe entre a directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias, e a alcaldesa da localidade, Ánxela Fernández. Ao acto tamén asistiu o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís.

O convenio recolle un investimento de 35.000 euros para adquirir un vehículo que permita reforzar as tarefas de protección ambiental que realiza a policía local, tales como control de verteduras, permiso de queimas, ou vixilancia de mananciais ou traídas de augas.

Actualmente, o corpo de Policía Local -que o concello vén de ampliar- conta cun só vehículo, que non permite circular por camiños rurais ou pistas forestais. De aí a necesidade a urxente de adquirir este novo vehículo.

Esta iniciativa inscríbese na liña de colaboración que vén mantendo a Xunta cos concellos, especialmente os máis pequenos, para axudarlles a acometer actuacións que redunden en beneficio da veciñanza.

26 de xullo de 2019 | 14:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.