publicidade hoxe

A Xunta destinou nos últimos anos máis de 1 millón de euros para diversas actuacións no concello da Lama

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA LamaLocal Portada
A-
A+

A directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias, e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitaron esta mañá o concello de A Lama que ten recibido nos últimos anos máis de 1 millón de euros da Vicepresidencia para levar a cabo diversas actuacións.

Marta Fernández-Tapias e Cores Tourís comprobaron in situ o resultado das obras do novo parque infantil do concello e as melloras levadas a cabo no acceso á Alameda deste concello pontevedrés, que contaron cunha axuda da Orde de Infraestruturas de uso público da Vicepresidencia de 36.000 euros.

O concello de A Lama recibiu nos últimos axudas do Goberno galego para melloras de eficiencia enerxética, melloras no parque infantil e na praza municipal, para zonas deportivas, infraestruturas viais e redes de sumidoiros, entre outros e que acadan un investimento que supera o millón de euros.

A directora xeral lembrou que a Orde de infraestruturas de uso público contou para este ano cun orzamento de 3 millóns de euros, un 30 por cento máis que no exercicio anterior e subvenciona, entre outras actuacións, a instalación, ampliación ou mellora das redes de luz pública; pavimentación de camiños públicos municipais; construción, mellora, ampliación ou rehabilitación de parques públicos e parques infantís; construción, mellora, ampliación ou rehabilitación de edificios ou dependencias municipais destinados á prestación de servizos municipais e/ou dotación de equipamentos destes edificios ou dependencias; e construción, mellora, ampliación ou rehabilitación de instalacións deportivas de uso público e/ou dotación de equipamentos das referidas instalacións.

19 de xullo de 2019 | 13:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.