publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Xunta destinou 570.000 euros para diversas actuacións no concello de Moraña grazas ás ordes de axudas da Vicepresidencia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaMorañaPortada dereita
A-
A+

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, mantivo esta mañá unha xuntanza coa alcaldesa de Moraña, Luisa Piñeiro, onde indicou que grazas ás ordes de axudas da Vicepresidencia o concello ten recibido nos últimos anos máis de 570.000 euros para diversas actuacións.

Alfonso Rueda, que estivo acompañado na visita a este concello pontevedrés pola directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias, e polo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, indicou que é fundamental que os concellos e a Xunta traballen xuntos para poñer máis e mellores servizos a disposición da cidadanía.

A Vicepresidencia da Xunta ten investido dende o ano 2010 a través de varias ordes de axudas, como o Fondo de Compensación Ambiental ou a Orde de Infraestruturas de uso público, máis de 570.000 euros para acometer actuacións de eficiencia enerxética, melloras na casa da cultura, recuperación zonas medioambientais, a mellora da rede de saneamento, de instalación de iluminación pública ou repavimentación de viais.

15 de xullo de 2019 | 14:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.