publicidade hoxe

A Xunta destina máis de 215.000 euros á mellora de vivendas de promoción pública en Ferrol

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaFerrolLocal PortadaPortada dereita
A-
A+

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda destinará 215.461,60 euros á mellora da cuberta, zonas comúns, e vivendas nos aloxamentos piloto para mozos e maiores na Rúa Fonte da Greza, núm. 2-4, Polígono de Esteiro, en Ferrol, que conta cun total de 43 vivendas adxudicadas en réxime de alugueiro a menores de 35 anos ou maiores de 65.

O Instituto Galego da Vivenda e Solo licitou a obra, que consistirá fundamentalmente na substitución da actual cuberta do edificio por outra nova, co que se eliminarán os problemas derivados da cuberta da que dispón na actualidade o inmoble. Da mesma maneira, actuarase sobre outros problemas detectados en zonas comúns en nalgunha das vivendas, problemas referidos a plaquetas, carpinterías, sistemas de ventilación, etc.

O importe da licitación é de 215.461,60 euros, IVE incluído, e o prazo de execución das obras será de catro meses a contar dende o inicio das mesmas.

8 de xullo de 2019 | 14:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.